Pese a que a actividade empresarial está seriamente danada e paralizada nestes complicados momentos polos que atravesamos a ABE quere lanzar unha mensaxe de unidade e esperanza do tecido empresarial local a través da campaña #sonboiro.
Nestes momentos de incertidume nos que a maioría estamos agardando pacientemente nas nosas casas a que a situación volte á normalidade, os empresarios e empresarias de #boiro piden que #nonteesquezasdenos #voltaremos
Son 30 os empresarios que aparecen no vídeo editado en dúas partes que se pode visualizar tanto nas redes sociais da ABE buscando co #sonboiro e tamén na nosa web www.abe.gal e na canle de youtube de boiroaberto.
Con esta iniciativa queremos mandar un mensaxe de ánimo ao clientes e veciños de Boiro así como amosar a unión do empresariado local e o desexo que moi pronto poidamos estar xuntos de novo.